twitter
rss


Ola a todos e todas!
Hoxe nos fogares dos Estados unidos as familias reúnense para festexar Acción de Grazas ou como eles o chaman Thanksgiving. Dan grazas por todas as cousas boas que teñen ou que lles pasan.

Nas páxinas do voso curso atoparedes cancións (1º e 2º), a Mickey Mouse e  compañía facendo das súas (3º e 4º) e unha presentanción sobre as orixes desta celebración (5º e 6º) ademais de varias actividades interactivas.

Have fun and Happy Thanksgiving!

Ola a todos,
Feliz día de San Martiño! Mentras nós celebramos os magostos, hoxe os nenos do Reimo Unido e doutros países celebran o Remembrance Day ou Poppy Day. Neste día recordan os soldados e traballadores que faleceron nalgunha das guerras nas que participou o Reino Unido.
O día 11 do mes 11 ás 11 horas da mañá de 1918 firmouse o fin da 1ª Guerra mundial e por iso todos os 11 de novembro recordan aos soldados.
Chámase Poppy Day tamén porque as amapolas (poppy en inglés) cubriron os campos devastados polas guerras.
Por que non coloreas unha? Neste enlace atoparás actividades para facer relacionadas con esta conmemoración.
Plane
Poppy

Os alumnos de 4º,5º e 6º podedes aprender algo máis sobre este día se ides a vosa pestana na dereita do blogue. Alí  atoparedes unha presentación sobre este conmemoración. Celebramos nós algo parecido? Podedes deixar os vosos comentarios se queredes.

Hello, everyone!
Hoxe é un día moi especial para todos os nenos e nenas no Reino Unido. Hoxe celebran a Bonfire Night, na que poden botar petardos e ir a ver fogos de artificio nos seus barrios. Aquí tedes un video que fixo unha nena, Millie, na que vos conta a historia desta celebración.


Guy Fawkes era un rapaz que non estaba dacordo co rei de Inglaterra. Aló polo ano 1605 decidiu que era hora de acabar co rei e xunto cun grupo de amigos intentaron voar o Parlamento británico. Fallaron no intento e o rei decidiu que para celebrar que seguía vivo utilizarían a pólvora coa que ían voar o parlamento para facer fogos artificiais.

Neste enlace atoparedes unha chea de actividades para facer relacionadas con este día. HAVE FUN!
Bonfire night